Quen somos?

Na Asociación 3monos, somos moitas monas: Mar Freire, Esther Pedrouzo, Iria Otero, Eva Valle, Maria Terreshkova, Bea Rodriguez, Olalla Caamaño, Nieves Neira, Ana Saavedra, Cris Vilariño, María Grandío, Laura Katana…

Somos unha plataforma moi  permeable desde onde desenvolvemos distintos proxectos relacionados co corpo e o espazo desde disciplinas moi diversas que teñen relación cos nosos intereses persoais e sociais; a danza, o teatro, a  videoarte, a escritura, o ensino, a filosofía, a ecoloxía, o feminismo… 

Desde a arte e a creatividade buscamos novas formas de aprender, de ensinar, de estar… 

Romper os  moldes que non nos serven para crear os que necesitamos..

O noso festival foi organizado e autoxestionado pola Asociación 3monos dende o ano 2013 ata o 2018. Este ano contamos con un pequeno apoio do Concello de Lugo, por primeira vez, e esperamos que sexa o inicio dunha longa colaboración.