Cartografia 2017

Artígo na revista Erregueté. Nieves Neira

By Belen Mendaña

The Nelken Line, un proxecto da Fundación Pina Bausch. Fotografías de Viva Lugo

Todas as cartas de amor são ridículas

Foto de Pepe Saavedra da peza bailada por 3monos en 2016

Todas as cartas de amor. Un proxecto pedagóxico

Todas as cartas de amor son ridículas. Así se titula o poema de Álvaro de Campos, heterónimo de Pessoa, e así se chamou a nosa peza, presentada na edición de 2015 de Cartografía en Movemento. Dous anos despois, o alumnado de primeiro de bacharelato do Colexio Fingoi presentan nunha nova versión da peza. Traballamos nun proxecto pedagóxico que engloba corpo, aprendizaxe e creatividade.

O proceso arrancou a comezos deste mes por parte da equipa conformada por Cris Vilariño, Iria Otero, Eva Valle e Nieves Neira Roca, integrantes da asociación 3monos, e como traballo dentro da asignatura de Filosofía, para o que se lle outorgaron 25 horas de aulas en horario lectivo. Ademais do traballo de artes do corpo e do movemento, os rapaces tiveron dous talleres de literatura e filosofía: Elaboración do suxeito na carta de amor e cuestionamento da idea do amor.

Pola nosa banda, foi unha experiencia única e profundamente enriquedecedora. Un reto tamén.
A peza é un traballo de presenza, de estar e observar e de se cuestionar. Un reto para nós e para eles. 

VIDEO RESUMO DA MOSTRA DO TRABALLO

%d bloggers like this: