‘SET’ de Paula Quintas

‘SET’ é unha peza multidisciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan nun espacio compartido.
Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediadora da distancia social.
A través da tecnoloxía e os límites sociais ‘SET’ propón un xogo interactivo sen contacto.
Playing experience!

SET’ de Paula Quintas poderá verse dentro da sección +cartografía o domingo de 13:00 a 14:00 xunto coa peza de Rebeca Carrera, ‘In the middle of the night’.

+INFO

RESERVA DE ENTRADAS NO 010
AS ENTRADAS RESÉRVANSE ATA DEZ MINUTOS ANTES DO INCIO
AFORO: 60 PERSOAS

‘In the middle of the night’, de Rebeca Carrera

Esta peza é unha excusa para buscar a felicidade, para intentar atopar a través da danza a liberación do corpo e da mente. Para danzar cos teus medos. Para atopar o pracer, o xogo e a desinhibición.


Desinhibición:
Comportamiento da persoa que perdeu a vergoña ou o medo que lle impedía actuar de xeito acorde aos seus sentimentos, desexos ou capacidades (Diccionarios Oxford).

Interpretación e coreografía · Rebeca Carrera

Músicas · Elena Casanueva “Eskarnia” y Pablo Contreras.

Dramaturxia e dirección escénica · Rebeca Carrera.

Duración da peza· 25 minutos aproximadamente.

In the middle of the night de Rebeca Carrera poderá verse dentro da sección +cartografía o domingo de 13:00 a 14:00 xunto coa peza de Paula Quintas, SET.

+INFO

RESERVA DE ENTRADAS NO 010
AS ENTRADAS RESÉRVANSE ATA DEZ MINUTOS ANTES DO INCIO
AFORO 60 PERSOAS

Participa na experiencia colectiva “A alma de Cartografía”

Sábado 31, 19:00: A alma de Cartografía.
Como? Como mantemos a alma de Cartografía hoxe? Como mantemos a alma de Cartografía nun único lugar? Como a mantemos se temos que estar a distancia? Como? Como? Como?
Isto non é unha actuación, é unha proposta para unha experiencia. Non hai público nin hai intérpretes, só un espazo compartido. Cada un ve o que quere, ou o que pode dependendo de onde estea o seu espazo. É unha experiencia anónima. Mesmo nesta situación na que nos atopamos, podemos achar espazos de liberdade e decisión.
Que como mantemos a alma de Cartografía? Pois mantémola se te achegas connosco a vivir esa experiencia colectiva que terá lugar un día (o sábado 31) a unha hora (19:00) nun espazo compartido da cidade (os baixos da praza de Abastos). Porque esa é -estarmos xuntos, cos nosos corpos, na cidade- a esencia, a alma de Cartogafía.
Dende 3 monos propoñemos vivir unha experiencia participativa nun espazo seguro no que o movemento, a liberdade e a capacidade de decisión -moverse, mirar a un lado ou a outro, estar quedo, dar as costas ou saltar- serán os elementos que nos permitan cartografar a cidade este ano.
Se queres participar nesta experiencia enche o formulario que presentamos a continuación, xa que o número de participantes está limitado por aforo. Anímate a ser parte de Cartografía 2020 e #nunca deixes de bailar!
https://forms.gle/Xu3GUvHjfeY922DU7

Presentación do libro ‘O público está aquí’ de Sabela Mendoza

Sabela Mendoza presenta o volume O público está aquí o venres 30 na Casa do Saber, ás 19.00 horas. Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo ( aforo limitado a 20/30 persoas)

‘O público está aquí’ recolle un traballo de investigación e de escrita arredor do público e a escena, propoñendo unha dobre lectura, entre a teoría e a práctica: por un lado un ensaio poético, por outro lado unha conferencia performativa. Dúas aproximacións ao espazo que ocupa o espectador nas artes vivas contemporáneas, as pautas que guían a súa participación e os xestos e accións que determinan a mirada.

Estas reflexións sobre o público discorren en paralelo a outras asociadas á construción da participación democrática, na procura dunha resignificación que supere a suficiencia das fórmulas e mecanismos. “Cara onde estamos mirando? Aínda podo ver?” son algunhas das cuestións que lanza o texto, inspiradas naquelas producións artísticas actuais que non podemos ver porque foron interrompidas ou desprazadas, e propoñendo un exercicio de desvío da mirada: “a danza é o presente máis intenso que coñezo”.

Sabela Mendoza (Santiago de Compostela, 1984) é investigadora e xestora cultural. O seu traballo está centrado nas artes escénicas e a creación contemporánea, especialmente no estudo da danza. Licenciada en Dereito (Universidade de Vigo), Máster en xestión cultural (UC3M) e Máster en práctica escénica e cultura visual (UCLM). Comeza a traballar como coordinadora de proxectos culturais no 2008 en Madrid, en institucións como a Residencia de Estudiantes ou a empresa i con i, na que dirixiu o Festival Ilustratour. Como profesional independente ten traballado como curadora, asesora ou xestora con Hablar en Arte, Teatro Pradillo, Consultarte, Colectivo RPM, Proxecta ou Curtocircuíto, entre outras. Desde 2016 reside en Galicia, onde tamén colabora co coreógrafo Javier Martín e coordina o Taller de público(s) no TRCDanza. No 2016 estrea a performance O público está aquí, presentada en Madrid, Montevideo, México e Galicia. Recentemente pon en marcha De corpos presentes, plataforma galega para as artes performativas contemporáneas. Escribe sobre danza en revistas e no seu blogue acuerpodebaile.com.

Textos extraídos de Estraperlo Editora

Taller Andrés Corchero. Body Weather

As monas estamos felices de anunciar nesta IX edición de Cartografía un obradoiro de Body Weather con Andrés Corchero para 20 persoas. Será o sábado 31 de 10 a 14 horas no Hotel Méndez Núñez. Hai 10 prazas gratuitas para corpos danzantes que serán reservadas por rigurosa orde de inscrición. O prazo para a mesma comeza mañá, domingo 25, ás 17 e remata o xoves 29 ás 16h. Se estás interesad@ escríbenos a info3monos@gmail.com enviando o teu nome e apelidos, DNI e teléfono e xa nos poñemos en contacto. Bule, bule , que desaparecen !
O día anterior, o venres 30, teredes a oportunidade de ver a Andrés Corchero en escena con Agustí Fernández na súa peza Hara. Veñen da man do programa LED e a actuación será no Círculo das Artes, para non perder!!

Cartografía 2020

Nunca deixes de bailar. Ese é o lema para a novena edición de Cartografía en Movemento, que a cidade de Lugo acollerá a última semana de outubro, un lema para lembrar tamén neste momento incerto que vivimos. Semella que as circunstancias desafían a concepción mesma dun festival que tivo sempre por fin o de desautomatizar a nosa relación cos espazos da cidade a través das artes. Aínda así, dicímolo: nunca deixes de bailar. Máis cá nunca, dicímolo: son necesarios os corpos que dancen, os que aínda de lonxe poden tocarnos, axitarnos, movernos, atravesarnos.

Precisamente por iso, porque non imos deixar de bailar, presentamos o programa desta novena edición na que cambian algunhas formas, pero onde se mantén o fondo. Así, este ano acótanse os espazos pero mantense o contacto coa cidade. Tomaremos o Mercado Quiroga Ballesteros para ver pezas de artistas como Paula Quintas e Rebeca Carrera e achegarémonos á Casa do Saber para a presentación do libro El público está aquí, de Sabela Mendoza. Este ano, debido á situación actual, non se recibirán propostas abertas de intervención na cidade, pero atoparemos lugares de encontro non só como público, senón tamén como corpos en danza tanto no taller de Body Weather impartido por Andrés Corchero como na proposta do sábado pola tarde, na que latexa a alma de Cartografía. Nos próximos días iremos aportando máis información, así que estade atentos ás redes. Este ano, máis que nunca, “bailemos, bailemos, se non estamos perdidos” (Pina Bausch).

Chirlomerlos, a peza de 3monos

Nesta edición do festival, nós, 3 monos, rendimos unha homenaxe danzada aos nosos queridos chirlomerlos, que xa a piques están de tinguir de negro o ceo do outono. Será ás 20.00 horas do sábado no adro da catedral.

O frío é unha man que nos empuxa. Así, en setembro, deixamos as avenidas arboladas de Londres e París… e vimos a Lugo. Somos chirlomerlos pintos, traemos manchas brancas coma pingas de neve, temos unha brúxula dentro do corpo e sabemos que no ar hai camiños. O noso conduce ao parque de Rosalía, aos pradairos entrelazados, aos magnolios xa sen flor. Alí nos xuntamos cos estorniños negros, porque nos gusta durmir quentes e porque xuntos formamos outra noite. Unha noite que se chama bandada. Unha noite que se move en pleno día para asustar aos falcóns e gabiáns e para facer milagres nos ollos humanos.

Foto de Rafa Mallo

Cyan, con Cris Vilariño

O sábado ás 19.30 horas o Festival Cartografía en Movemento acollerá unha mostra do proceso creativo no que están mergullados Cris Vilariño e Diego Buceta. Esta creación, que os dous comparten e na que Cris Vilariño será a intérprete, terá como escenario a muralla, á altura da Porta de Santiago. O seu título é Cyan, e dela sabemos que nace do fascinio das nubes a moverse, dese contacto entre o azul e o branco no que todas, algunha vez, quixemos entrar… de estar nas nubes.

Para presentarla, remítennos a este maravilloso poema de Wislawa Szymborska:

Con la descripción de las nubes

debería darme mucha prisa,

en una milésima de segundo

dejan de ser ésas y empiezan a ser otras.

Es propio de ellas

no repetirse nunca

en formas, matices, posturas y orden.

Sin la carga de ningún recuerdo

se elevan sin problemas sobre los hechos.

¡De qué van a ser testigos!,

en un segundo se disipan en todas direcciones.

Comparada con las nubes

la vida parece tener los pies sobre la tierra,

se diría que es inmutable y prácticamente eterna.

Frente a las nubes

hasta una piedra parece un hermano

en el que se puede confiar

y las nubes, nada, primas lejanas y frívolas.

Que exista la gente si quiere,

y después que se mueran uno tras otro,

poco les importa a las nubes

esas cosas

tan extrañas.

Sobre toda tu vida

y también sobre la mía, aún incompleta,

desfilan pomposas igual que desfilaban.

No tienen la obligación de morir con nosotros.

No necesitan ser vistas para poder pasar.