2017: VI Edición Cartografía en Movemento (Coloreando a Cidade)

Na edición do ano 2017 coloreamos a cidade ao son da marabillosa canción “A Vida” de Maya Solovéy. Tivemos, nin máis nin menos que, 4 xornadas de Cartografía.

Na primeira delas mostrouse na praza de Santa María un proxecto pedagóxico que se levou a cabo nun centro educativo da cidade englobando corpo, literatura e filosofía, tendo sempre presente que a educación é un dos piares fundamentais para construír unha cidadanía libre.

A segunda xornada estivo dedicada á sempre inspiradora bailarina e coreógrafa alemá Pina Bausch, participamos cun vídeo dende a muralla no proxecto mundial “The Nelken Line” lanzado pola propia fundación.

Nese ano na xornada que é a alma de Cartografía camiñamos descalzas cos ollos vendados, pero cun obxectivo moi claro agudizando todos os nosos sentidos, tendeuse a roupa na rúa e con ela linda poesía, coñecimos historias de mulleres loitadoras que teñen as mans na terra, bailamos libres, fixemos música en directo, cantamos melodías de outros mundos…

E aínda tivemos unha xornada máis para poñer o broche a esta edición tan diversa, en Vilar de Donas – Palas de Rei gracias ao proxecto galego CompliCIDADES, no que fomos privilexiados de desfrutar de grandes e riquiños artistas nun enclave único.

https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2017/

2016: V Edición Cartografía en Movemento (Ensoñamentos)

Nesta edición xa sentimos que Cartografía ten vida propia e que flúe de maneira máxica.

Sempre foi unha oportunidade para reivindicar o que xa é noso, pero que nos queren arrebatar… a rúa, a ilusión… porque o que queremos é unha cidade máis xusta, máis humana e chea de arte!

Este ano soñamos que durmíamos libres na rúa para o que redactamos un Manifesto polo sono público (que podes asinar aquí: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScic6RhbuD1cqyfNercU1-1i5I-qfByestSHgfl3Wd9bPhRlA/viewform )

Fomos espectadores de historias familiares de emoción infinita, descubrimos personaxes inesperados en descampados abandonados, lagartijas con mensaxe, coreografías incribles que nos contaxian de enerxía, música e voces marabillosas en directo, teatro…

Un festival inclusivo e diverso de tod@ e para tod@s… Nunca soñamos mellor 5º aniversario!

https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2016/

2015: IV Edición Cartografía en Movemento (Movendo Montañas)

Foi unha das edicións máis numerosas en canto a propostas recibidas, chegaron de varios puntos da comunidade e incluso de fóra.

Este ano descubrimos dunha maneira fermosísima que tódalas cartas de amor son ridículas e así, sen darnos conta, vimos como aumentaba o número de “Monas”, encaixando de maneira máxica como se dende sempre formáramos un todo.

Redescubrimos recunchos da cidade nos que nunca repararamos, paredes con graffitis, enclaves do parque Rosalía, que non nos deixa de sorprender, asistimos a nacementos de grupos musicais que logo formarían parte da comunidade artística habitual da cidade… Atardeceres máxicos…

E para poñer o broche, nesta ocasión desfrutamos da participante máis pequena de todas as edicións, que tan só cuns mesiños mostrou, a través do amor da súa nai, o fermoso de “Ser” en esencia…

https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2014/

2014: III Edición Cartografía en Movemento (Correspondencias)

Con esta edición xa empezamos a sentir o mes de Setembro como o mes natural de Cartografía… O amarelo, a cor vibrante e luminosa, foi a que estivo presente tanto no deseño deste ano coma nas intencións dos participantes… Xa que sacaron todo o brillo do seu interior para iluminar a rúa a través de exposicións de fotografía itinerantes, bailes swing, acrobacias, historias do pasado… e por suposto música en directo, teatro e danza. Persoas de tódalas idades, amateurs e profesionais, en soidade ou en grupo… A idea é encher a cidade de Vida!

Os emprazamentos elixidos fixeron desa edición unha constelación ben chula… a que vos recorda?? https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2015/

Danzar o espazo, crear cidade

No mes de Abril do 2019 fomos convidados pola asociación Lugo sen Mordazas para dar unha conferencia falando sobre a nosa experiencia na organización do Festival Cartografía en movemento. Como parte desa conferencia grabamos un vídeo donde se mezclaban imaxes das pasadas edicións de Cartografía en movemento coa reflexión da nosa compañeira Nieves Neira sobre o que se debe e non se debe facer na rúa. Neste vídeo extraimos as partes que falaban exclusivamente sobre Cartografía. Esperamos que vos guste e que nos acompañedes os días 26,27 e 28 de setembro creando cidade.

2013: II Edición Cartografía en Movemento (Cidade Nómada)

Seguimos botando unha mirada atrás na historia de Cartografía. Hoxe tócalle a quenda á II Edición no ano 2013, no que tivemos a oportunidade de cazar nubes, atravesar portas, descubrir novas historias con personaxes entrañables, tivemos música en directo… Bailamos e gozamos xuntas… A cidadanía contaxiouse deste entusiasmo e foron moit@s @s que se animaron a unirse as nosas tolemias…

Sucedeu todo no mes de Xuño e rematou a edición cunha segunda xornada no Courel onde arte e natureza puidéronse mesturar de maneira máxica.

Aquí vos deixamos a linda constelación que se formou e tamén podedes ver as fotos da II edición 2013 no seguinte enlace: https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2013/

Recordade que o 26, 27 e 28 de setembro 2019 temos unha nova cita!

2012: I Edición Cartografía en Movemento

Aló polo ano 2012 Cartografía daba os primeiros pasos no mes de Maio. Foron dez propostas de danza, teatro, poesía e música que se facían en dous pases. Lugares como o Mercado Quiroga Ballesteros, Plaza do Campo, O Cantiño…, enchéronse de música, danza e teatro nun día de festa no que unha parte da comunidade artística de Lugo se deu cita e acolleu a idea cos brazos abertos. Moitos deses artistas que actuaron na primeira edición forman hoxe a asociación de artes escénicas 3Monos que organiza e promove o festival.

Este ano que ten lugar a nosa oitava edición: constelando a cidade, na nosa edición infinito queremos botar a vista atrás para facer balance de todo o vivido. Por iso estos días imos estar compartindo as diferentes constelacións de cada edición acompañado das fotos das actuacións. Esperamos que o disfrutedes e recordade que o 26, 27 e 28 de setembro tedes unha cita coa arte nas rúas de Lugo.

Podes ver as fotos da edición 2012 no seguinte enlace: https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2012/

Deixámosvos o mapa da nosa primeira constelación

Un mar de tenrura

Título: Un mar de tenrura
Artistas: Escola Palimoco Teatro
Lugar: Praza Maior
Horario: Sábado 29 ás 13:00h

Sinopse: Os nosos corpos camiñan cara un lugar onde non sei que me atoparei , a incertidumbre , o medo , nervios, que facer , deixar atras todo? Fuxir? Extranxeiro no meu propio fogar …. E de súpeto… o vacio,
o mar , un sorriso, unha mirada… todo pode cambiarpalimoco

%d bloggers like this: