‘SET’ é unha peza multidisciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan nun espacio compartido. Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediadora da distancia social. A través da tecnoloxía e os límites sociais ‘SET’ propón un xogo interactivo sen contacto. Playing experience!
‘SET’ de Paula Quintas poderá verse dentro da sección +cartografía o domingo de 13:00 a 14:00 xunto coa peza de Rebeca Carrera, ‘In the middle of the night’.
+INFO
RESERVA DE ENTRADAS NO 010 OU QUINCE MINUTOS ANTES NO LUGAR DA ACTUACIÓN
Sábado 31, 19:00: A alma de Cartografía. Como? Como mantemos a alma de Cartografía hoxe? Como mantemos a alma de Cartografía nun único lugar? Como a mantemos se temos que estar a distancia? Como? Como? Como? Isto non é unha actuación, é unha proposta para unha experiencia. Non hai público nin hai intérpretes, só un espazo compartido. Cada un ve o que quere, ou o que pode dependendo de onde estea o seu espazo. É unha experiencia anónima. Mesmo nesta situación na que nos atopamos, podemos achar espazos de liberdade e decisión. Que como mantemos a alma de Cartografía? Pois mantémola se te achegas connosco a vivir esa experiencia colectiva que terá lugar un día (o sábado 31) a unha hora (19:00) nun espazo compartido da cidade (os baixos da praza de Abastos). Porque esa é -estarmos xuntos, cos nosos corpos, na cidade- a esencia, a alma de Cartogafía. Dende 3 monos propoñemos vivir unha experiencia participativa nun espazo seguro no que o movemento, a liberdade e a capacidade de decisión -moverse, mirar a un lado ou a outro, estar quedo, dar as costas ou saltar- serán os elementos que nos permitan cartografar a cidade este ano. Se queres participar nesta experiencia enche o formulario que presentamos a continuación, xa que o número de participantes está limitado por aforo. Anímate a ser parte de Cartografía 2020 e #nunca deixes de bailar! https://forms.gle/Xu3GUvHjfeY922DU7
Sabela Mendoza presenta o volume O público está aquí o venres 30 na Casa do Saber, ás 19.00 horas. Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo ( aforo limitado a 20/30 persoas)
‘O público está aquí’ recolle un traballo de investigación e de escrita arredor do público e a escena, propoñendo unha dobre lectura, entre a teoría e a práctica: por un lado un ensaio poético, por outro lado unha conferencia performativa. Dúas aproximacións ao espazo que ocupa o espectador nas artes vivas contemporáneas, as pautas que guían a súa participación e os xestos e accións que determinan a mirada.
Estas reflexións sobre o público discorren en paralelo a outras asociadas á construción da participación democrática, na procura dunha resignificación que supere a suficiencia das fórmulas e mecanismos. “Cara onde estamos mirando? Aínda podo ver?” son algunhas das cuestións que lanza o texto, inspiradas naquelas producións artísticas actuais que non podemos ver porque foron interrompidas ou desprazadas, e propoñendo un exercicio de desvío da mirada: “a danza é o presente máis intenso que coñezo”.
Sabela Mendoza (Santiago de Compostela, 1984) é investigadora e xestora cultural. O seu traballo está centrado nas artes escénicas e a creación contemporánea, especialmente no estudo da danza. Licenciada en Dereito (Universidade de Vigo), Máster en xestión cultural (UC3M) e Máster en práctica escénica e cultura visual (UCLM). Comeza a traballar como coordinadora de proxectos culturais no 2008 en Madrid, en institucións como a Residencia de Estudiantes ou a empresa i con i, na que dirixiu o Festival Ilustratour. Como profesional independente ten traballado como curadora, asesora ou xestora con Hablar en Arte, Teatro Pradillo, Consultarte, Colectivo RPM, Proxecta ou Curtocircuíto, entre outras. Desde 2016 reside en Galicia, onde tamén colabora co coreógrafo Javier Martín e coordina o Taller de público(s) no TRCDanza. No 2016 estrea a performance O público está aquí, presentada en Madrid, Montevideo, México e Galicia. Recentemente pon en marcha De corpos presentes, plataforma galega para as artes performativas contemporáneas. Escribe sobre danza en revistas e no seu blogue acuerpodebaile.com.
As monas estamos felices de anunciar nesta IX edición de Cartografía un obradoiro de Body Weather con Andrés Corchero para 20 persoas. Será o sábado 31 de 10 a 14 horas no Hotel Méndez Núñez. Hai 10 prazas gratuitas para corpos danzantes que serán reservadas por rigurosa orde de inscrición. O prazo para a mesma comeza mañá, domingo 25, ás 17 e remata o xoves 29 ás 16h. Se estás interesad@ escríbenos a info3monos@gmail.com enviando o teu nome e apelidos, DNI e teléfono e xa nos poñemos en contacto. Bule, bule , que desaparecen ! O día anterior, o venres 30, teredes a oportunidade de ver a Andrés Corchero en escena con Agustí Fernández na súa peza Hara. Veñen da man do programa LED e a actuación será no Círculo das Artes, para non perder!!
Nesta
edición xa sentimos que Cartografía ten
vida propia e que
flúe de maneira máxica.
Sempre foi unha oportunidade para reivindicar o que xa é noso, pero que nos queren arrebatar… a rúa, a ilusión… porque o que queremos é unha cidade máis xusta, máis humana e chea de arte!
Fomos espectadores de historias familiares de emoción infinita, descubrimos personaxes inesperados en descampados abandonados, lagartijas con mensaxe, coreografías incribles que nos contaxian de enerxía, música e voces marabillosas en directo, teatro…
Un festival inclusivo e diverso de tod@ e para tod@s… Nunca soñamos mellor 5º aniversario!
Foi
unha das edicións máis numerosas en canto a propostas recibidas,
chegaron de varios puntos da comunidade e incluso de fóra.
Este
ano descubrimos dunha maneira fermosísima que tódalas cartas de
amor son ridículas e así, sen darnos conta, vimos como
aumentaba o número de “Monas”, encaixando de maneira máxica
como se dende sempre formáramos un todo.
Redescubrimos
recunchos da cidade nos que nunca repararamos, paredes con graffitis,
enclaves do parque Rosalía, que non nos deixa de sorprender,
asistimos a nacementos de grupos musicais que logo formarían parte
da comunidade artística habitual da cidade… Atardeceres máxicos…
E
para poñer o broche, nesta ocasión desfrutamos da participante máis
pequena de todas as edicións, que tan só cuns mesiños mostrou, a
través do amor da súa nai, o fermoso de “Ser” en esencia…
Con esta edición xa empezamos a sentir o mes de Setembro como o mes natural de Cartografía… O amarelo, a cor vibrante e luminosa, foi a que estivo presente tanto no deseño deste ano coma nas intencións dos participantes… Xa que sacaron todo o brillo do seu interior para iluminar a rúa a través de exposicións de fotografía itinerantes, bailes swing, acrobacias, historias do pasado… e por suposto música en directo, teatro e danza. Persoas de tódalas idades, amateurs e profesionais, en soidade ou en grupo… A idea é encher a cidade de Vida!
No mes de Abril do 2019 fomos convidados pola asociación Lugo sen Mordazas para dar unha conferencia falando sobre a nosa experiencia na organización do Festival Cartografía en movemento. Como parte desa conferencia grabamos un vídeo donde se mezclaban imaxes das pasadas edicións de Cartografía en movemento coa reflexión da nosa compañeira Nieves Neira sobre o que se debe e non se debe facer na rúa. Neste vídeo extraimos as partes que falaban exclusivamente sobre Cartografía. Esperamos que vos guste e que nos acompañedes os días 26,27 e 28 de setembro creando cidade.
Seguimos
botando unha mirada atrás na historia de Cartografía. Hoxe tócalle
a quenda á II Edición no ano 2013, no que tivemos a oportunidade de
cazar nubes, atravesar portas, descubrir novas historias con
personaxes entrañables, tivemos música en directo… Bailamos e
gozamos xuntas… A cidadanía contaxiouse deste entusiasmo e foron
moit@s @s que se animaron a unirse as
nosas tolemias…
Sucedeu todo no mes de Xuño e rematou a edición cunha segunda
xornada no Courel onde arte e natureza puidéronse mesturar de
maneira máxica.