2017: VI Edición Cartografía en Movemento (Coloreando a Cidade)

Na edición do ano 2017 coloreamos a cidade ao son da marabillosa canción “A Vida” de Maya Solovéy. Tivemos, nin máis nin menos que, 4 xornadas de Cartografía.

Na primeira delas mostrouse na praza de Santa María un proxecto pedagóxico que se levou a cabo nun centro educativo da cidade englobando corpo, literatura e filosofía, tendo sempre presente que a educación é un dos piares fundamentais para construír unha cidadanía libre.

A segunda xornada estivo dedicada á sempre inspiradora bailarina e coreógrafa alemá Pina Bausch, participamos cun vídeo dende a muralla no proxecto mundial “The Nelken Line” lanzado pola propia fundación.

Nese ano na xornada que é a alma de Cartografía camiñamos descalzas cos ollos vendados, pero cun obxectivo moi claro agudizando todos os nosos sentidos, tendeuse a roupa na rúa e con ela linda poesía, coñecimos historias de mulleres loitadoras que teñen as mans na terra, bailamos libres, fixemos música en directo, cantamos melodías de outros mundos…

E aínda tivemos unha xornada máis para poñer o broche a esta edición tan diversa, en Vilar de Donas – Palas de Rei gracias ao proxecto galego CompliCIDADES, no que fomos privilexiados de desfrutar de grandes e riquiños artistas nun enclave único.

https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2017/

Un mar de tenrura

Título: Un mar de tenrura
Artistas: Escola Palimoco Teatro
Lugar: Praza Maior
Horario: Sábado 29 ás 13:00h

Sinopse: Os nosos corpos camiñan cara un lugar onde non sei que me atoparei , a incertidumbre , o medo , nervios, que facer , deixar atras todo? Fuxir? Extranxeiro no meu propio fogar …. E de súpeto… o vacio,
o mar , un sorriso, unha mirada… todo pode cambiarpalimoco

Instrucións para respirar

Título: Instrucións para respirar
Artista: Mar FreireLugar: Lateral do antigo pavillón de deportes Horario: Sábado 29 ás 18:15h

Sinopse: Imos cara un mundo cada vez máis tecnificado onde os nosos rasgos de
humanidade, aquelo que nos fai diferente das máquinas estase a perder. A
respiración sen máscara faise imposible é só uns poucos consiguen liberarse dela.

respirar

Programa do festival Carografía en Movemento 2018

Xa temos recén saido do forno o programa de Cartografía 2018 (ed.7 surcando a cidade).

12h30:Amigo mío, Lauralacatana. Porta Falsa.
13h00:Un mar de tenrura, Escola Palimoco Teatro. Fondo da praza Maior.
13h30:Polo só gusto de facelo, Eva e Bea. Fonte da praza da Constitución.
14h00:Surcos, 3Monos. Fachada da catedral.
14h45: O Magnolio, illa. Xardíns do pazo de San Marcos.

16h45:Todos los nombres, La Compañía. Praza de San Marcos.
17h00:Viajar en nave, The Pirouettes. Praza de San Marcos.
17h30:Estudio12, Los del bajo. Praza da Soidade.
18h15:Instrucións para respirar, Mar Freire. Lateral do vello
pavillón de deportes.
18h45:Redireccionando ruta, Iria Otero. Praza Pio XII (calello
xunto ao museo da Domus do Mitreo).
19h00:Lorca, Sara Gantes e Nieves Neira. Praza Pio XII (adro
da catedral).
19h30:Clase aberta de swing, Lola Fernández (Swing Jazz Lugo).
Praza Maior.

Residencias Paraíso
20h30:Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos,
Gena Baamonde. Vello cárcere.

 

cartel cartografía2018cp

%d bloggers like this: