Título: Moveste?
Artistas: Alumn@s teatro-danza ESCOLA PALIMOCO E PALIMOQUIÑOS
Dirección: Paloma Lugilde
Lugar: Comezo da rúa da Raiña
Hora: 12:00
Festival de artes escénicas nas rúas de Lugo
Título: Moveste?
Artistas: Alumn@s teatro-danza ESCOLA PALIMOCO E PALIMOQUIÑOS
Dirección: Paloma Lugilde
Lugar: Comezo da rúa da Raiña
Hora: 12:00
Título: In mapa son
Artista: María Move
Lugar: Arco da muralla da praza de Campo Castelo
Hora: 19:00
Sinopse: O sonido en directo convoca o público. Será creado in situ a través dunha Loop Station e xogos vocais. A creación musical, surxirá do diálogo sonoro co
espazo e o público do momento.
Título: Soños?
Artistas: Grupo teatro Down Lugo
Dirección: Paloma Lugilde
Lugar: Praza Sta. María
Hora: 13:00
Título: Trenza
Artista: Nieves Neira
Lugar: Rúa da Tinería,26
Hora: 13:45
Sinopse:
Trenza é un xesto de lectura no que converxen a obra de tres poetas e un lugar amándose.
Título: Interludio
Artista: Colectivo 3Monos e amigos
Lugar: Parque de Rosalía
Hora: 17:45
Sinopse:
O ser humano é o único asceta da vida, dicía o filósofo. Buscamos, dentro da vida, un lugar onde descansar, un negativo onde poder parar o mundo. Constantemente fracasamos, movidas polo mesmo frenesí do que fuximos: non hai lugar. Non.
O interludio non é o silencio. Sabendo que a pausa é necesaria entre as partes dunha peza musical, ou as escenas dunha ópera, pero sabendo que nada para no mundo, o interludio propón outro ritmo: descansar en movemento.
De inter, entre, e ludere, xogo ou práctica, a palabra Interludio remítenos á idea de xogar no medio, ou xogar a ratos; a abrir, onde quer que sexa, un espazo de xogo.
E que entendemos nós, como xogo? A folla que se prende no vestido. O abalo das herbas que agroman nunha esquina da rúa. A última luz no alto dun edificio. Todo iso que se move cando paramos un pouco, coma o poeta: “Quédate quieto y observa cómo se mueve el mundo”.
Non somos ascetas: queremos xogar. E se falamos de parar, e só coma quen se prepara para dar o salto de montarse en todo o que rápido fuga, no palpebrar do intre.
Clase aberta de swing
Hora: 19:30
Lugar: Praza Maior
Imparte: Lola Fernández (Swing Jazz Lugo)