O Mapa da compañía Glovo

Mapas de otros cuerpos

Intercepta la línea

Continúa, estás dentro

No temas, la Naturaleza aborrece el vacío

Como olas del océano queriendo ser océano

Así somos

Continúa

Sígueme

Yo te sigo

Así presentan Esther Latorre e Hugo Pereira, integrantes de Glovo, unha peza que xorde para eles como unha necesidade de investigación do movimiento basada no drama dos refuxiados e no mundo das fronteiras. Esta distancia, real e hipotética, sitúa aos dous intérpretes nunha relación de aproximación e afastamento, de poder e de sublevación, declarando unha premisa común: “a imposibilidade da fronteira con nós mesmos”.

Mapa obtivo o primeiro premio en Bailando con Piedras, Certamen Internacional de Coreografía Burgos-NY, 2019; a mención Especial en Danza Inunda Santander de La Espiral Contemporánea, Santander, 2019; e foi premiada no Festival Sólodos En Danza Ourense 2016.

Para coñecer o vídeo de presentación desta peza, preme aquí.

2017: VI Edición Cartografía en Movemento (Coloreando a Cidade)

Na edición do ano 2017 coloreamos a cidade ao son da marabillosa canción “A Vida” de Maya Solovéy. Tivemos, nin máis nin menos que, 4 xornadas de Cartografía.

Na primeira delas mostrouse na praza de Santa María un proxecto pedagóxico que se levou a cabo nun centro educativo da cidade englobando corpo, literatura e filosofía, tendo sempre presente que a educación é un dos piares fundamentais para construír unha cidadanía libre.

A segunda xornada estivo dedicada á sempre inspiradora bailarina e coreógrafa alemá Pina Bausch, participamos cun vídeo dende a muralla no proxecto mundial “The Nelken Line” lanzado pola propia fundación.

Nese ano na xornada que é a alma de Cartografía camiñamos descalzas cos ollos vendados, pero cun obxectivo moi claro agudizando todos os nosos sentidos, tendeuse a roupa na rúa e con ela linda poesía, coñecimos historias de mulleres loitadoras que teñen as mans na terra, bailamos libres, fixemos música en directo, cantamos melodías de outros mundos…

E aínda tivemos unha xornada máis para poñer o broche a esta edición tan diversa, en Vilar de Donas – Palas de Rei gracias ao proxecto galego CompliCIDADES, no que fomos privilexiados de desfrutar de grandes e riquiños artistas nun enclave único.

Cartografia 2017

O Voo de Anxela Blanco

para construír un universo truncado tan só precisamos 25 barras de madeira ou metal

VOO é a peza de danza e acrobacia para rúa que a bailarina Anxela Blanco traerá ao Festival Cartografía en Movemento, o vernres 27 ás 19.00 horas na Praza de Santa María.

Unha criatura xeométrica que supón a quinta creación desta artista, para a que contou coa asistencia na dirección de Caterina Varela, escenografía de Víctor González García-Echave (sistema Palitroques), e que agradece a colaboración de Krah, Germán Díaz e Quique Peón.

Neste enlace poderedes saber máis do seu Voo, grazas á fotografía e video de Grismedio Studio (Rubén e Inma Vilanova)

Anxela Blanco é un alto paxaro. Navega lonxe. Non vola perdades!

Tensar o instante con Kirenia Martínez

Cada momento é dous momentos.
Pero en que momento a madeira se converte en pedra, a turba en carbón, a pedra caliza en mármore?

A bailarina Kirenia C. Martínez Acosta lánzanos esta idea en relación á súa actuación no Festival Cartografía en Movemento, o venres 27 ás 20.00 horas na Porta de Santiago. As relacións entre o corpo, a memoria e o espazo son a base da investigación que esta artista desenvolveu o pasado mes de agosto en Satriano e Matera (Italia) a través do programa de mobilidade europea i-Portunus, e que terán o seu eco na nosa cidade.

Kirenia C. Martínez Acosta comeza a súa formación en danza aos 13 anos en Cienfuegos, que completa con estudos de actuación na Escola Nacional de Arte de La Habana (1997-2000). Xira internacionalmente coa compañía “Danza Teatro Retazos”, ata que en 2003 se traslada a España. Afincada en Galicia funda na Coruña a compañía “Entremans” e participa como bailarina no Centro Coreográfico Galego (CCG). Na actualidade codirixe o Festival de Danza na Rúa “Quincegotas” na cidade da Coruña.

Non vos perdades a súa danza magmática e xeolóxica, nin a oportunidade de situarnos canda ela no borde onde os corpos saltan no seu devir.

Fotografía de Vaina Cauzillo

Xa temos 8ª constelación! Cartel final de Cartografía en movemento 2019

E por fin chegou o momento que tanto esperábamos, ver brilar a nosa constelación 8. Agora só nos queda visitar cada unha das estrelas o 28 de setembro.

Non perdas a oportunidade de descubrir a cidade dunha forma diferente, agardámoste.

Podes descargar o mapa das actuacións do 28 de setembro no seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1iEtPZgmImgZeEfmMyf-Yequu3Z0ZpjkH&usp=sharing

2016: V Edición Cartografía en Movemento (Ensoñamentos)

Nesta edición xa sentimos que Cartografía ten vida propia e que flúe de maneira máxica.

Sempre foi unha oportunidade para reivindicar o que xa é noso, pero que nos queren arrebatar… a rúa, a ilusión… porque o que queremos é unha cidade máis xusta, máis humana e chea de arte!

Este ano soñamos que durmíamos libres na rúa para o que redactamos un Manifesto polo sono público (que podes asinar aquí: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScic6RhbuD1cqyfNercU1-1i5I-qfByestSHgfl3Wd9bPhRlA/viewform )

Fomos espectadores de historias familiares de emoción infinita, descubrimos personaxes inesperados en descampados abandonados, lagartijas con mensaxe, coreografías incribles que nos contaxian de enerxía, música e voces marabillosas en directo, teatro…

Un festival inclusivo e diverso de tod@ e para tod@s… Nunca soñamos mellor 5º aniversario!

Cartografía 2016

Presentación do libro ‘Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol’

Presentación do libro Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol o xoves 26 de setembro no Centro de Artesanía e deseño de Lugo ás 20.00 horas.

O Festival Cartografía en Movemento acollerá o venres 26 de setembro a presentación en Lugo do primeiro libro da editorial luguesa Ámboa: Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol, un libro editado por María Corral Fernández e Nieves Neira a partir da lectura que as integrantes da asociación 3monos realizaron no claustro da catedral de Lugo en maio de 2018, e do curso Novas tendencias en edición literaria, desenvolvido pola Fundación Novoneyra o ano pasado no Centrad. Fulgor é unha porta ao universo desta escritora portuguesa, e vén de ser presentado no Espaço Llansol en Lisboa, a fundación que coida do seu legado. Como non pode ser doutro xeito, a presentación será tamén danzada.

Foto de Currais Domingues no patio da Casa de Julho e Agosto. Espaço Llansol, Lisboa, xullo de 2019

2015: IV Edición Cartografía en Movemento (Movendo Montañas)

Foi unha das edicións máis numerosas en canto a propostas recibidas, chegaron de varios puntos da comunidade e incluso de fóra.

Este ano descubrimos dunha maneira fermosísima que tódalas cartas de amor son ridículas e así, sen darnos conta, vimos como aumentaba o número de “Monas”, encaixando de maneira máxica como se dende sempre formáramos un todo.

Redescubrimos recunchos da cidade nos que nunca repararamos, paredes con graffitis, enclaves do parque Rosalía, que non nos deixa de sorprender, asistimos a nacementos de grupos musicais que logo formarían parte da comunidade artística habitual da cidade… Atardeceres máxicos…

E para poñer o broche, nesta ocasión desfrutamos da participante máis pequena de todas as edicións, que tan só cuns mesiños mostrou, a través do amor da súa nai, o fermoso de “Ser” en esencia…

Cartografía 2015

2014: III Edición Cartografía en Movemento (Correspondencias)

Con esta edición xa empezamos a sentir o mes de Setembro como o mes natural de Cartografía… O amarelo, a cor vibrante e luminosa, foi a que estivo presente tanto no deseño deste ano coma nas intencións dos participantes… Xa que sacaron todo o brillo do seu interior para iluminar a rúa a través de exposicións de fotografía itinerantes, bailes swing, acrobacias, historias do pasado… e por suposto música en directo, teatro e danza. Persoas de tódalas idades, amateurs e profesionais, en soidade ou en grupo… A idea é encher a cidade de Vida!

Os emprazamentos elixidos fixeron desa edición unha constelación ben chula… a que vos recorda?? https://cartografiaenmovemento.com/cartografia-2015/