A dramática historia dunha nai que perde os seus tres fillos republicanos, asasinados polo bando franquista, será levada a púa por Clementine co título de A historia non esquecida.
Será ás 18.15 do sábado na Rúa do Hospital.

Festival de artes escénicas nas rúas de Lugo
A dramática historia dunha nai que perde os seus tres fillos republicanos, asasinados polo bando franquista, será levada a púa por Clementine co título de A historia non esquecida.
Será ás 18.15 do sábado na Rúa do Hospital.
Unha muller séntase cada tarde a mirar o mar.
Mar Freire presenta así O pequeno Malecón, que terá lugar na Rúa Soto Freire (porta lateral de O Vello Cárcere) ás 17.30.
Esa muller que se senta a mirar o mar fará que vexamos barcos e nos levará con ela ao horizonte.
O interior da Estación de Autobuses é un dos nosos espazos favoritos da cidade. Alí terá lugar a peza Xogando con C ás 17.00 horas da xornada do sábado, e a cargo do grupo Elas. Xogar para aprender, para explorar(se). Xogar para ser, contigo e comigo. Xogar para vivir. Esas son as súas premisas.
V I B R A N C E + Freq é unha posta audiovisual composta pola unión dunha exquisita selección de fotografías mesturadas con unha posta en directo de música electrónica de corte ambient, ambos, visuais e audio, xerados por ordenador polo artista E M P T Y.
Esta peza, ademais, terá lugar nun espazo mítico da cidade, a librería Souto. Será o sábado, ás 13.30 horas!
Que contentas estamos de contar nesta edición coa escritora luguesa Anxela Gracián! Cando a terra foi luz será o título da súa lectura poética, o sábado ás 16.30 na Praza do Cantiño. A terra e a memoria, coma sempre, entrelazadas na súa voz, para lembrar o que cómpre ser lembrado.
Os Palimoquiños non fallan no Festival Cartografía en Movemento. Un ano máis, esta edición contará coa súa presenza nun espazo xa por el@s moitas veces danzado, sentado, movido, interpretado: a Praza Maior. Alí estarán o sábado ás 13 horas coa súa peza Romeo pode ser unha roca e Xulieta un mapa. O único que lles interesa, disque, é amar.
O sábado, ás 12.30, o Colectivo Sereno presenta a súa intervención A chave da rúa, na Rúa do Bo Xesús. Con ela, queren abrir as portas ao extraordinario do acontecer cotiá.
O sábado 28, Cartografía en Movemento comenza coa actuación do grupo Géminis titulada Constelación da Sororidade. Será ás 12.00 horas enriba da Muralla Romana, á altura do número 186 da Ronda da Muralla.
Alí buscarán os camiños converxentes 30º ao noroeste de Orión.
Mapas de otros cuerpos
Intercepta la línea
Continúa, estás dentro
No temas, la Naturaleza aborrece el vacío
Como olas del océano queriendo ser océano
Así somos
Continúa
Sígueme
Yo te sigo
Así presentan Esther Latorre e Hugo Pereira, integrantes de Glovo, unha peza que xorde para eles como unha necesidade de investigación do movimiento basada no drama dos refuxiados e no mundo das fronteiras. Esta distancia, real e hipotética, sitúa aos dous intérpretes nunha relación de aproximación e afastamento, de poder e de sublevación, declarando unha premisa común: “a imposibilidade da fronteira con nós mesmos”.
Mapa obtivo o primeiro premio en Bailando con Piedras, Certamen Internacional de Coreografía Burgos-NY, 2019; a mención Especial en Danza Inunda Santander de La Espiral Contemporánea, Santander, 2019; e foi premiada no Festival Sólodos En Danza Ourense 2016.
Para coñecer o vídeo de presentación desta peza, preme aquí.
Vídeo promocional da edición 2019 de Cartografía en movemento, Constelando a cidade. O 26, 27 e 28 de setembro nas rúas de Lugo.