Aberta a convocatoria de participación en Cartografía 2015

CaRToGRaFÍa eN MoVeMeNTo

Descubrir os espazos a través das artes escénicas é o eixo de ‘Cartografía en movemento’, unha proposta da Asociación Cultural 3monos e aberta á vosa participación e colaboración.
A idea é que cada persoa, parella ou grupo elixa un espazo da cidade e cree unha proposta escénica como froito dun diálogo con el, dunha experiencia co lugar. Non hai limitación no tipo de linguaxe a utilizar dentro das artes escénicas, dende a danza e o teatro á lectura poética ou á intervención plástica. A única condición é que a peza non estea xa construída, senón que o seu resultado final sexa froito dunha investigación do espazo. A investigación tampouco ten límites, cada grupo ou persoa pode decidir o aspecto sobre o cal quere traballar: o arquitectónico, o histórico, o social, o plástico, o sonoro, o movemento… dende os balcóns das casas ata os espazos na beira do Miño ou do Rato, pasando por edificios, prazas, pontes, rúas, barrios… calquera lugar é válido, dos centros ás periferias, transitando polo non transitado e polo típico. A duración das obras tamén sería libre (pode ser unha microescea, un microbaile), pero habería varios pases ao longo do día. O día será o último domingo de setembro, día 27. No caso de que a previsión meteorolóxica dea choiva para ese día, cambiaremos a data coa maior antelación posible, xa que, ao ser unha proposta ligada ao espazo, non terá sentido buscar espazos alternativos no caso de que chova para levala a cabo.
A idea é que os espacios da cidade emerxan e sexan interrogados a través da danza, do teatro, dos malabares… e que a xente poda ser sorprendida e ou percorrer a cidade cun mapa na man, cun mapa en movemento. En definitiva, que tod@s teñamos novas posibilidades de habitar, de pensar e de descubrir os espacios onde vivimos.
A participación en Cartografía en Movemento non ten ningunha retribución económica.
Queremos que esta mensaxe chegue a todas as persoas que queiran participar. En principio, enviámola aos grupos de teatro e danza da provincia de Lugo. Pero se dende o voso grupo coñecedes a algunha persoa que poda estar interesada, e que non pertenza a un grupo concreto, pregámovos que lle fagades chegar esta información. Da mesma maneira, estamos dispostas a resolver calquera dúbida que poda xurdir en torno ás propostas concretas e á definición do proxecto
Calquera proposta será benvinda. O prazo para elexir o lugar e confirmar a participación neste proxecto rematará o 12 de setembro. Para contactar connosco:
cartografiaenmovemento@gmail.com
Tamén é posible a través do grupo en Facebook: Cartografía en movemento.
Apertas

logo2

Limbo

Título: Limbo

Intérprete: Namoreira de Souza

Sinopse:

Namoreira morreu hai 150 anos pero o seu espiritu deambula polas rúas do mundo na procura dun home con quen casar.

A sua nai, de orixe portugués e de famlia moi acomodada deulle en vida tanta instrucción sobre cómo debía ser o seu home que a pobre Namoreira non poido atopar quen cumprira con tan exixentes caracteristicas… Tan teimuda pasou a sua vida neste complexo menester que á súa morte, tola perdida, por tal desafortunado devenir, quedou atrapada no mundo dos vivos co unico obxetivo de atopar mozo que a leve ó altar. Se lle foi imposible en vida… imaxinade de morta e tola….

O tamaño do corpo

Título: O tamaño do corpo

Intérprete: Nieves Neira/ Fotografía: Maki Otomo

Sinopse:

Vou quedarme quieta, moi quieta. ata que o meu corpo se faga do tamaño da rúa. do café. da lúa. vou quedarme quieta moi quieta. en distintos lugares da cidade. ata metelo nun frasquiño.  nun soño. nunha fotografía.

*ó longo do día montaremos unha exposición coas fotos e outros restos da viaxe nun espazo aínda por determinar.

Xuizo Popular

Título:Xuizo Popular

Intérpretes: As Bichicomas

Lugar: Campo Castelo- O Cantiño

Hora: 17:15

Sinopse:

Ácida proposta que o más puro novecento trata de enxuizar a un dos personaxes máis polémicos de este ano,….?????Ruiz-Gallardon-2

Pssssssh-Pok(2)

1064640_274085286067966_1604577723_ohttps://www.youtube.com/watch?v=l4s5on8Wl0g

Título: Pssshhhhh-Pok(2)

Peza colectiva

Lugar: Bispo Aguirre

Hora: 21:30

Sinopse:

Para finalizar Cartografía 2014 queremos recuperar un momento marabilloso que vivimos en 2013 coa peza Pssshhhh-Pok,retomámola outra vez e queremos que se nos sume a máxima xente posible. Para aprender esta pequena coreografía botádelle un ollo o vídeo: cartografía en movemento (7′,22”).

Cartografías de Medea

Título: Cartografías de Medea

Palimoco teatro
Actores: Ramón Ferreira e Paloma Lugilde
Asistencia a dirección: Amparo Novas
Dirección: Paloma Lugilde

Sinópsis:

Tomando como base el mito de Medea dos personajes alienados interaccionan en el contexto
de una sociedad contemporánea en cuya estructura desencajan y se consumen victimas de sus
propias ambiciones . Unidos por los débiles lazos de una promesa mutua no han sido capaces
de soportar el peso de sus promesas y llevados por la vorágine de una sociedad capitalista en
fase de descomposición material y ética se destruyen mutuamente en medio del silencio
sonoro que han creado y en el que han convertido sus vidas.

%d bloggers like this: