Convocatoria aberta Cartografía en movemento (6ª edición)

O vindeiro 28 de Outubro volveremos a encher as rúas de cor na sexta edición de Cartografía en Movemento “coloreando a cidade”.
Para quen non o saiba aínda, Cartografía é un festival que ten como motor a posibilidade de descubrir os espazos que habitamos a través das artes escénicas.

A idea é que cada persoa, parella ou grupo elixa un espazo da cidade e cree unha proposta escénica como froito dun diálogo con el, dunha experiencia co lugar. Non hai limitación no tipo de linguaxe a utilizar dentro das artes escénicas, dende a danza e o teatro á lectura poética ou á intervención plástica. Animámosvos a construir unha peza que sexa froito dunha investigación dun espazo. Calquer lugar é válido, dos centros ás periferias, transitando polo non transitado e polo típico.

A idea é que os espacios da cidade emerxan e sexan interrogados a través da danza, do teatro, da poesía,… e que a xente poda ser sorprendida e percorrer a cidade cun mapa na man, cun mapa en movemento. En definitiva, que tod@s teñamos novas posibilidades de habitar, de pensar e de descubrir os espacios onde vivimos.
Todo o mundo é benvido, amateur, profesional, transeunte…, así que non o penses e anímate a cartografiar a cidade e darlle cor co teu corpo.

A duración das obras deberá ter un máximo de 15 minutos.
A participación en Cartografía en Movemento non ten ningunha retribución económica. Para as persoas que se acheguen de fora de Lugo, ofreceráselles un máximo de 50€ para desprazamento e todos os participantes estarán convidados a unha cea fin de festa.
A data límite de recepción de propostas é o 15 de Outubro. No caso de que as recibidas superen o número posible programable, acotaranse segundo orde de inscrición.

Envianos o teu proxecto contactándonos a través do e-mail da asociación: info3monos@gmail.com

Apertas

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s