Aberta a convocatoria de participación en Cartografía 2015

CaRToGRaFÍa eN MoVeMeNTo

Descubrir os espazos a través das artes escénicas é o eixo de ‘Cartografía en movemento’, unha proposta da Asociación Cultural 3monos e aberta á vosa participación e colaboración.
A idea é que cada persoa, parella ou grupo elixa un espazo da cidade e cree unha proposta escénica como froito dun diálogo con el, dunha experiencia co lugar. Non hai limitación no tipo de linguaxe a utilizar dentro das artes escénicas, dende a danza e o teatro á lectura poética ou á intervención plástica. A única condición é que a peza non estea xa construída, senón que o seu resultado final sexa froito dunha investigación do espazo. A investigación tampouco ten límites, cada grupo ou persoa pode decidir o aspecto sobre o cal quere traballar: o arquitectónico, o histórico, o social, o plástico, o sonoro, o movemento… dende os balcóns das casas ata os espazos na beira do Miño ou do Rato, pasando por edificios, prazas, pontes, rúas, barrios… calquera lugar é válido, dos centros ás periferias, transitando polo non transitado e polo típico. A duración das obras tamén sería libre (pode ser unha microescea, un microbaile), pero habería varios pases ao longo do día. O día será o último domingo de setembro, día 27. No caso de que a previsión meteorolóxica dea choiva para ese día, cambiaremos a data coa maior antelación posible, xa que, ao ser unha proposta ligada ao espazo, non terá sentido buscar espazos alternativos no caso de que chova para levala a cabo.
A idea é que os espacios da cidade emerxan e sexan interrogados a través da danza, do teatro, dos malabares… e que a xente poda ser sorprendida e ou percorrer a cidade cun mapa na man, cun mapa en movemento. En definitiva, que tod@s teñamos novas posibilidades de habitar, de pensar e de descubrir os espacios onde vivimos.
A participación en Cartografía en Movemento non ten ningunha retribución económica.
Queremos que esta mensaxe chegue a todas as persoas que queiran participar. En principio, enviámola aos grupos de teatro e danza da provincia de Lugo. Pero se dende o voso grupo coñecedes a algunha persoa que poda estar interesada, e que non pertenza a un grupo concreto, pregámovos que lle fagades chegar esta información. Da mesma maneira, estamos dispostas a resolver calquera dúbida que poda xurdir en torno ás propostas concretas e á definición do proxecto
Calquera proposta será benvinda. O prazo para elexir o lugar e confirmar a participación neste proxecto rematará o 12 de setembro. Para contactar connosco:
cartografiaenmovemento@gmail.com
Tamén é posible a través do grupo en Facebook: Cartografía en movemento.
Apertas

logo2

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s